
Folías, Chaconas, Grounds, Variacións e Diferencias .
Música de Monteverdi, Caccini, Pachelbel, Gaspar Sanz e outros incluíndo as famosas Folías gallegas de Santiago de Murcia (que sen dúbida cruzaron o Atlantico ..
Julia Cea -canto.
Víctor Illán - Guitarra barroca e vihuela.
Ramón Pérez-Sindín Blanco - Clave.
Pablo Ruibal -Violas da gamba e guitarra de catro ordes.
------------------------------------------------
Outros programas.
Música do Século de Ouro español.
Juan Hidalgo: Esperar, sentir, morir
Jose Marín: No piense Menguilla
Gaspar Sanz : Canarios
Girolamo Frescobaldi : Si l’ aura spira
Juan Hidalgo: Antorcha brillante
Diego Ortiz: Recercada I sobre La Spagna
Alonso Mudarra: Fantasía X que contrahaze la harpa en la manera de Ludovico
Diego Ortiz: Recercada II sobre La Spagna
Juan Hidalgo: Ay que me río de amor
Jose Marín: Ojos pues me desdeñáis
Diego Ortiz : Recercada I sobre o Passamezzo antico
Gaspar Sanz: Xácaras
Claudio Monteverdi: Si dolce el tormento (IX libro de madrigali)
La Xácara busca rememorar as sonoridades dos Séculos de Ouro, a época de El Quijote, a novela picaresca ou a era dourada do teatro de Lope de Vega, sen dúbida un dos períodos artísticos máis apaixoantes da Historia. É tamén neste período cando aparece en Italia o fenómeno operístico, baseado principalmente na seconda prattica de Monteverdi, a monodia acompañada, unha melodía acompañada de acordes, unha textura que foi e segue sendo hoxe, predominante na música occidental.
O grupo aspira a crear un espacio de experimentación, un xeito de desfrutar do placer da aprendizaxe constante, algo que tenta transmitir de modo sinxelo aos seus oíntes. Esencial é neste sentido a búsqueda dese son perdido, son que non debe ser reconstruido ao noso entender dun modo único ou dogmático; esencial é tamén a contextualización literaria e social desa música tan lonxana, cuxo coñecemento acercará esta sonoridade aos nosos oídos actuais.
O repertorio de La Xácara é variado e flexible, e abarca fundamentalmente música vocal e instrumental española e italiana dos séculos XVI e XVII, especialmente aquela que se tocaba no teatro a modo de entremeses entre os actos dos dramas e as comedias, etc.. pero a mirada abarca tamén outros campos e culturas: arias, danzas, canzonettas de La Commedia dell Arte, ricercares instrumentales ou airs de cour, o obxectivo principal é lograr un programa de contido histórico que resulte tamén ameno.