top of page

La  Xácara e o seu tempo

 

Xácara (pron. shácara) , unha forma arcaica de Jácara,  palabra de probable orixe árabe, aludía antigamente e de xeito principal a un romance con personaxes marxinais. No século  XVII precisamente cambiaría a  sua pronunciación,  a  súa grafía,  e multiplicaría  os seus significados. Nese tempo comeza a ser usado como vocablo igado  á literatura  teatral, medio no que esta forma  foi principalmente estudada. 

 

Jácara é un dos variados xéneros satíricos que se representaban nos  entreacto das comedias do Século de Ouro español. Máis tarde  deu nome a  diversas composicións teatrais e musicais populares  en España e no Novo Mundo. 

 

Dícese también de un modo especial de cantar, el tono "de xácara o de xacarilla" característico de esta composición.

LA Xácara

Xacarandina, en la Germanía o lenguage de los Rufianes,

a los quales llaman xaques. (Diccionario de autoridades . Sebastián de Covarrubias, 1610).

Detalle de Las Hilanderas (1657) Diego Velázquez;  na  habitación do fondo un violón ( viola da gamba) 

Guitarra Barroca. LA Xácara

Tres músicos (1616),  Diego  Velázquez .

         Nestes entreactos   representábanse pequenas composicións que con frecuencia derivaban en bailes:   loas, entremeses,  mojigangas, bayletes... A jácara era a variante na que as persoaxes  representaban a delincuentes e pícaros, o  vivo retrato do hampa:  chulos, putas, mendigos, guapos e asesinos comunícanse no argot   dos baixos fondos , a germanía , a jerigonza,  nunha curiosa mixtura de humor e   crítica social.  Francisco de Quevedo, Vélez de Guevara ou Calderón, mestres da novela picaresca e do  teatro do século de Ouro cultivaron a composición de jácaras, non fai falla dicer máis.

 

 Un  terceiro significado  aparece nalgúns libros de música instrumental do Barroco español como un tipo de danza  da rúa; o caso  é que a jácara aparece xa a finais do siglo XVII asociada á festa, á esmorga e á vida  nocturna así coma vai asociada ao tipo de persoaxee  que leva esta vida, representada no  ritmo de hemiola na que a danza se basea.

Música antiga 

  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Google+ Icon
  • Black YouTube Icon
  • Black Pinterest Icon
  • Black Instagram Icon
bottom of page